Na primeira reunión debatimos sobre os obxectivos do proxecto. Tamén valoramos as nosas expectativas con respecto ao mesmo. Dedicamos un tempo a unificar criterios sobre o que entendemos por competencia dixital do alumnado (as destrezas no uso das tic como: o uso de internet, uso do rato, encendido, apagado, búsqueda de recursos, a posibilidade de introducir información ou materiais de elaboración propia, extraer información, imaxes, investigación... nun soporte dixital.)Deste modo todos e todas adquirimos conciencia do enriquecemento que esperamos que produza este seminario no desenvolvemento das nosas clases.
Dispuxemos as destrezas que queremos adquirir como docentes : principalmente coñecer e utilizar software para a elaboración de material (jclic, ediLim, Smart Notebook...) Despois aplicarémolo da mellor maneira posible (elaborando e adaptando actividades aos nenos, aproveitando un recurso que temos no centro como a pizarra dixital, integrando as TIC nas celebracións e conmemoracións que hai ao longo do curso...)
Ademáis de falar, tamén realizamos un primeiro achegamento ao uso da pizarra dixital. Isto foi una boa idea pois estamos nun grupo heteroxéneo no que os coñecementos que temos das Tic son diversos. De todos modos, o traballo colaborativo serviranos para salvar algunhas distancias e aprender xuntos.
Finalmente xurdiu a proposta de levar a cabo este blogue, como espazo para reflectir por escrito o noso propio proceso de aprendizaxe. Incluso valorouse a posibilidade de crear un blogue propio que puidésemos despois vincular á web do centro. Debo recoñecer que, nun principio, me pareceu algo difícil polo descoñecemento que tiña sobre a construcción dun blogue, pero agora resúltame máis interesante. Estiven investigando e probando cun blogue persoal sobre Audición e Linguaxe e descubrín que é máis sinxelo do que pensaba. O problema quizais é a cantidade de tempo que hai que dedicarlle para deseñalo e ir enchéndoo, sobretodo cando temos que manter e actualizar a páxina web do centro.
Persoalmente este seminario estame supoñendo o impulso necesario para crear o meu propio blogue de AL, unha idea que tiña en mente pero que non tratei de materializar ata este curso.
Agardando con ganas as docencias...
Verónica
