2ª Reflexión sobre o traballo no seminario.
Na segunda sesión do seminario contamos coa participación da ponente María carballo, gran experta no manexo do encerado dixintal. Nun primeiro momento espuxonos a súa experiencia traballando co encerado dixital amosándonos moitas cousas para nos antes descoñecidas, ou que si coñecíamos pero non eramos quen de pornos a traballar con elas..
Por outra banda amosounos o fácil e beneficioso que pode ser para nos a utilización do encerado diariamente na aula, asi comezou explicándonos como traballar por exemplo as rutinas diarias na aula, de maneira que se poden crear actividades para traballar nun primeiro momento o feito de pasar lista e ver que alumn@s faltaron ese día cole, así como ver o día que fai hoxe e o mesmo tempo enlazar o tempo con unha páxina onde vemos o tempo atmosférico en todas as rexións...
Ademáis explicounos como facer o noso propio traballo, como insertar imaxes, textos, enlaces de internet,... e así poder levar nos a practica na aula.
Finalmente propuxonos unha practica para que nos fagamos en casa ata a proxima sesión que imos ter en febreiro para que poidamos comprobar si somos capaces de facelo.
Personalmente esta sesión resultoume moi amena e moi practica pois con poucas explicacións entendín perfectamente o que me ía expoñendo, por outro banda creo que vai resultar moi practica para o traballo diairo.