Páginas

lunes, 31 de marzo de 2014

4ª Reflexión sobre o traballo no seminario permanente

Nesta sesión contamos coa colaboración do ponente Rubén Molinero Malvido, experto no programa EDILIM, na cal aprendemos a crear as nosas propias actividades LIM. - Comezamos elaborando o noso propio directorio de recursos: un banco de imaxes, sons, videos, animacións, textos, etc. ao que poder acceder para logo levalas ao programa EDILIM e crear as actividades segundo a temática a traballar. - Pasamos seguidamente a traballar nas propias páxinas e nelas aprendemos diferentes tipos de actividades LIM como foron: rayos X, memori, actividades flash, sopa de letras, puzzles, series, laberintos, enlaces, actividades de relacionar, ordear, etc. Nos ensinou ademais algúns: - Programas que nos van a ser necesarios para traballar con esta aplicación como son: *O Audacity (para editar sons) *O Edilim (para crear libros interactivos multimedia) *aTubecatcher (para baixar videos e mp3-sons,cancións-) - Páxinas de interese para mellorar as actividades: *Fuentes para escribir *Conversores de video e de audio *Efecto de auga nas fotos. O ponente fixo unha exposición clara e na que todos/as quedamos abraiados do sinxelo que parecía o seu manexo. Paréceme unha ferramenta moi útil xa que a versatilidade das actividades dan lugar ao enriquecemento dos contidos e a traballar dunha maneira máis lúdica e dinámica onde o alumnado interactúa co ordenador adquirindo a aprendizaxe por si mesmo sen necesidade de ser guiado. Agora haberá que practicar, trataremos de facer Lims,segundo as necesidades e será cando nos atopemos coas nosas propias dificultades.

miércoles, 12 de marzo de 2014

Terceira sesión.

  Na terceira sesión contamos coa colaboración da ponente Maria Carballo, e coa asesora Ana Mariño.

 Para min esta sesión resultoume moi productiva, xa que María Carballo fixo unha ponencia moi amena, atractiva e transmitiunos moitos coñecementos.
  Aprendemos a inxerir música, como crear unha película, como grabar, explicación de como empregar o teclado, lupa,  reflector,  protector de pantalla,  punteiro,  asi como as ferramentas flotantes do notebook.
   A continuación Ana Mariño, fixonos reflexionar sobre a importancia do encerado dixital nas nosas aula, empregado como instrumento facilitador da nosa labor educativa. Explicounos como descargar nos mobiles o código QR e a través del escanear e poder escribir no muro.
  O aprendido nesta sesión vaime resultar moi  practico para o meu traballo diario.