Páginas

lunes, 31 de marzo de 2014

4ª Reflexión sobre o traballo no seminario permanente

Nesta sesión contamos coa colaboración do ponente Rubén Molinero Malvido, experto no programa EDILIM, na cal aprendemos a crear as nosas propias actividades LIM. - Comezamos elaborando o noso propio directorio de recursos: un banco de imaxes, sons, videos, animacións, textos, etc. ao que poder acceder para logo levalas ao programa EDILIM e crear as actividades segundo a temática a traballar. - Pasamos seguidamente a traballar nas propias páxinas e nelas aprendemos diferentes tipos de actividades LIM como foron: rayos X, memori, actividades flash, sopa de letras, puzzles, series, laberintos, enlaces, actividades de relacionar, ordear, etc. Nos ensinou ademais algúns: - Programas que nos van a ser necesarios para traballar con esta aplicación como son: *O Audacity (para editar sons) *O Edilim (para crear libros interactivos multimedia) *aTubecatcher (para baixar videos e mp3-sons,cancións-) - Páxinas de interese para mellorar as actividades: *Fuentes para escribir *Conversores de video e de audio *Efecto de auga nas fotos. O ponente fixo unha exposición clara e na que todos/as quedamos abraiados do sinxelo que parecía o seu manexo. Paréceme unha ferramenta moi útil xa que a versatilidade das actividades dan lugar ao enriquecemento dos contidos e a traballar dunha maneira máis lúdica e dinámica onde o alumnado interactúa co ordenador adquirindo a aprendizaxe por si mesmo sen necesidade de ser guiado. Agora haberá que practicar, trataremos de facer Lims,segundo as necesidades e será cando nos atopemos coas nosas propias dificultades.

miércoles, 12 de marzo de 2014

Terceira sesión.

  Na terceira sesión contamos coa colaboración da ponente Maria Carballo, e coa asesora Ana Mariño.

 Para min esta sesión resultoume moi productiva, xa que María Carballo fixo unha ponencia moi amena, atractiva e transmitiunos moitos coñecementos.
  Aprendemos a inxerir música, como crear unha película, como grabar, explicación de como empregar o teclado, lupa,  reflector,  protector de pantalla,  punteiro,  asi como as ferramentas flotantes do notebook.
   A continuación Ana Mariño, fixonos reflexionar sobre a importancia do encerado dixital nas nosas aula, empregado como instrumento facilitador da nosa labor educativa. Explicounos como descargar nos mobiles o código QR e a través del escanear e poder escribir no muro.
  O aprendido nesta sesión vaime resultar moi  practico para o meu traballo diario.

lunes, 3 de febrero de 2014

2ª Reflexión sobre o traballo no seminario.

Na segunda sesión do seminario contamos coa participación da ponente María carballo, gran experta no manexo do encerado dixintal. Nun primeiro momento espuxonos a súa experiencia traballando co encerado dixital amosándonos moitas cousas para nos antes descoñecidas, ou que si coñecíamos pero non eramos quen de pornos a traballar con elas..
Por outra banda amosounos o fácil e beneficioso que pode ser para nos a utilización do encerado diariamente na aula, asi comezou explicándonos como traballar por exemplo as rutinas diarias na aula, de maneira que se poden crear actividades para traballar nun primeiro momento o feito de pasar lista e ver que alumn@s faltaron ese día cole, así como ver o día que fai hoxe e o mesmo tempo enlazar o tempo con unha páxina onde vemos o tempo atmosférico en todas as rexións...
Ademáis explicounos como facer o noso propio traballo, como insertar imaxes, textos, enlaces de internet,... e así poder levar nos a practica na aula.
Finalmente propuxonos unha practica para que nos fagamos en casa ata a proxima sesión que imos ter en febreiro para que poidamos comprobar si somos capaces de facelo.
Personalmente esta sesión resultoume moi amena e moi practica pois con poucas explicacións entendín perfectamente o que me ía expoñendo, por outro banda creo que vai resultar moi practica para o traballo diairo.

sábado, 11 de enero de 2014

1ª Reflexión sobre o traballo neste seminario.

Na primeira reunión debatimos sobre os obxectivos do proxecto. Tamén valoramos as nosas expectativas con respecto ao mesmo. Dedicamos un tempo a unificar criterios sobre o que entendemos por competencia dixital do alumnado (as destrezas no uso das tic como: o uso de internet, uso do rato, encendido, apagado, búsqueda de recursos, a posibilidade de introducir información ou materiais de elaboración propia, extraer información, imaxes, investigación... nun soporte dixital.)Deste modo todos e todas adquirimos conciencia do enriquecemento que esperamos que produza este seminario no desenvolvemento das nosas clases.

Dispuxemos as destrezas que queremos adquirir como docentes : principalmente  coñecer e utilizar  software para a elaboración de material (jclic, ediLim, Smart Notebook...) Despois aplicarémolo da mellor maneira posible (elaborando e adaptando actividades aos nenos, aproveitando un recurso que temos no centro como a pizarra dixital, integrando as TIC nas celebracións e conmemoracións que hai ao longo do curso...)

Ademáis de falar, tamén realizamos un primeiro achegamento ao uso da pizarra dixital. Isto foi una boa idea pois estamos nun grupo heteroxéneo no que os coñecementos que temos das Tic son diversos. De todos modos, o traballo colaborativo serviranos para salvar algunhas distancias e aprender xuntos.

Finalmente xurdiu a proposta de levar a cabo este blogue, como espazo para reflectir por escrito o noso propio proceso de aprendizaxe. Incluso valorouse a posibilidade de crear un blogue propio que puidésemos despois vincular á web do centro. Debo recoñecer que, nun principio, me pareceu algo difícil polo descoñecemento que tiña sobre a construcción dun blogue, pero agora resúltame máis interesante. Estiven investigando e probando cun blogue persoal sobre Audición e Linguaxe e descubrín que é máis sinxelo do que pensaba. O problema quizais é a cantidade de tempo que hai que dedicarlle para deseñalo e ir enchéndoo, sobretodo cando temos que manter e actualizar a páxina web do centro.

Persoalmente este seminario estame supoñendo o impulso necesario para crear o meu propio blogue de AL, unha idea que tiña en mente pero que non tratei de materializar ata este curso.

Agardando con ganas as docencias...
Verónica