Páginas

miércoles, 12 de marzo de 2014

Terceira sesión.

  Na terceira sesión contamos coa colaboración da ponente Maria Carballo, e coa asesora Ana Mariño.

 Para min esta sesión resultoume moi productiva, xa que María Carballo fixo unha ponencia moi amena, atractiva e transmitiunos moitos coñecementos.
  Aprendemos a inxerir música, como crear unha película, como grabar, explicación de como empregar o teclado, lupa,  reflector,  protector de pantalla,  punteiro,  asi como as ferramentas flotantes do notebook.
   A continuación Ana Mariño, fixonos reflexionar sobre a importancia do encerado dixital nas nosas aula, empregado como instrumento facilitador da nosa labor educativa. Explicounos como descargar nos mobiles o código QR e a través del escanear e poder escribir no muro.
  O aprendido nesta sesión vaime resultar moi  practico para o meu traballo diario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario